Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 21 de novembro de 1995 Páx. 8.555

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 1995 pola que se anuncia concurso público para a contratación do deseño, subministración e instalación dun laboratorio de autómatas programables para o Centro de Innovación e Servicios de Tecnoloxía (CIS-Tecnoloxía), en Ferrol.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público aberto para a contratación polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) do deseño, subministración e instalación dun laboratorio de autómatas programables para o Centro de Innovación e Servicios de Tecnoloxía (CIS-TECNOLOXÍA), en Ferrol.

1. Entidade contratante: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), r/ Frei Rosendo Salvado, 16-baixo, 15701 Santiago de Compostela, Tf: (981) 54 11 01, Fax: (981) 59 04 67.

2. Modalidade de adxudicación: concurso público aberto.

3. Obxecto do contrato: deseño, subministración e instalación dun laboratorio de autómatas programables para o Centro de Innovación e Servicios de Tecnoloxía (CIS-TECNOLOXÍA), en Ferrol.

4. Orzamento máximo de licitación: 28.000.000 de ptas. (IVE incluído).

5. Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e os de prescricións técnicas estarán de manifesto na sede do Instituto Galego de Promoción Económica, sita en r/ Frei Rosendo Salvado 16, Santiago de Compostela (A Coruña), así como nas súas delegacións de Ferrol e Vigo durante o prazo de presentación de proposicións os días e horas hábiles de oficina.

6. Data límite de recepción de ofertas: o prazo de admisión finalizará ás catorce horas do vixésimo sétimo día hábil seguinte á publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado, o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

7. Presentación de proposicións: en sobre cerrado no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo dentro do prazo de admisión sinalado.

8. Apertura de proposicións: en acto público, ás 12 horas, o cuarto día hábil, que non coincida en sábado, seguinte á finalización do prazo de presen

tación de ofertas. No Instituto Galego de Promoción Económica, sito en r/ Frei Rosendo Salvado, 16 Santiago de Compostela.

9. a) Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación: 560.000 ptas.

b) Fianza defiinitiva: 4% do orzamento de licitación: 1.120.000 ptas.

10. Documentos que deban achega-los licitadores: os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Clasificación: non se esixe.

12. Medios de xustificación da solvencia económica e financeira:

Declaración relativa á cifra de negocios global e das subministracións ou traballos realizados nos tres últimos exercicios.

13. Medios de xustificación da solvencia técnica do empresario:

-Relación das principais subministracións efectuadas nos tres últimos anos, indicando importe, datas e destinatario.

-Descrición de medios técnicos da empresa e indicación das unidades técnicas implicadas no contrato.

14. Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas do concurso.

15. Outras informacións: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 1995.

Casto Varela Gesto

Director xeral adxunto do Instituto Galego de Promoción Económica

9507614