Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 21 de novembro de 1995 Páx. 8.531

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 9 de novembro de 1995 pola que se clasifican postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Vista a proposta do Concello de Ferrol (A Coruña) con data do 31 de outubro de 1995, relativa á modificación da clasificación do posto de oficial maior, actualmente reservado á categoría superior da subescala de secretaría, na categoría de entrada da mesma subescala.

A Consellería da Presidencia e Administración Pública, de conformidade co establecido no artigo 159.1º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, e nos artigos 2 e 9 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, e no uso das facultades que lle confire o artigo 13.2º.17 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia,

DISPON:

Modifica-la clasificación do posto de oficial maior do Concello de Ferrol, provincia da Coruña, quedando reservado á subescala de secretaría, categoría de entrada.

Contra a presente orde poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

9507687