Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 21 de novembro de 1995 Páx. 8.531

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 3 de outubro de 1995 pola que se lle dá publicidade ó acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 29 de setembro de 1995, polo que se lle outorga a Voz de Galicia Radio, S.A. a concesión definitiva para o funcionamento dunha emisora en ondas métricas con modulación de frecuencia no Barco de Valdeorras (Ourense).

Advertidos erros na devandita orde, publicada no DOG nº 204, do 24 de outubro, cómpre face-las oportunas correccións:

-Na páxina 7.852, columna esquerda, liña 24, onde di: «ó amparo da Orde do 16 de xuño de 1983 da Consellería da Presidencia e Administración Pública» debe dicir: «ó abeiro da Orde do 16 de xuño de 1983 da Consellería da Presidencia».

-Na páxina 7.852, columna dereita, liña 2, onde di: «orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública», debe dicir: «orde da Consellería da Presidencia».

7570