Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 17 de novembro de 1995 Páx. 8.488

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (261/1994).

Francisco Castiñeiras Fernández, secretario no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, fago saber:

Que neste xulgado se tramita xuízo de divorcio nº 261/1994 por instancia do procurador Rieiro Noya en nome e representación de Florinda Pereira Sánchez contra José Miranda Gómez nos que recaeu sentencia que ten o encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

En Santiago de Compostela, o nove de outubro de mil novecientos noventa e cinco. Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres dos de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos de xuízo de divorcio nº 261/1994, promovidos por instancia de Florinda Pereira Sánchez e na súa representación o procurador dos tribunais Rieiro Noya, contra José Miranda Gómez en situación procesual de rebeldía.

Decido: que debo declarar e declaro a disolución do matrimonio por divorcio entre os cónxuxes Florinda Pereira Sánchez e José Miranda Gómez. Contra esta sentencia cabe interpor recurso de apelación perante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Unha vez firme esta sentencia comuníquese ó Rexistro Civil correspondente para a súa inscrición á marxe da inscrición de matrimonio.

Líbrese e únase certificación desta resolución ás actuacións con inclusión da orixinal no libro de sen

tencias. Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que así conste e sirva de notificación en legal forma ó demandado José Miranda Gómez actualmente en ignorado paradoiro, expido o presente edicto en Santiago de Compostela o dezasete de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

7303