Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 16 de novembro de 1995 Páx. 8.449

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 1995 pola que se anuncia concurso público, procedemento aberto, para a contratación do servicio que se cita (expediente número 660/1995).

O expediente foi declarado de tramitación urxente por Resolución do 9 de novembro de 1995.

Expediente nº: 660/1995.

Obxecto: control de calidade da obra edificios para investigación.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 9.650.000 ptas (IVE incluído).

Garantía provisoria: 193.000 ptas.

O prego de cláusulas administrativas particulares recollerase na Sección de Xestión e Contratación, edificio administrativo Casa da Balconada, rúa Nova, 6, Santiago de Compostela.

As propostas presentaranse nos rexistros xerais da Universidade, (Rectorado, praza do Obradoiro s/n, Santiago de Compostela ou no Rexistro do Campues Universitario de Lugo, polígono de Fingoi s/n, pavillón 4 do Complexo da Facultade de Veterinaria de Lugo).

O prazo de presentación das proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte día o da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A mesa de contratación reunirase o terceiro día seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións se este día fose inhábil ou sábado, reunirase o seguinte día hábil, ás 13 horas da mañá, na sala de xuntas da Casa da Balconada, rúa Nova, 6, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 1995.

P.D (Resolución 14-2-1995)

Manuel Castro Cotón

Vicerrector de Asuntos Económicos

7257