Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 16 de novembro de 1995 Páx. 8.447

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 1995 pola que se anuncia a concurso público, procedemento aberto, a contratación das subministracións que se citan (expediente número 81/1995 e cinco máis).

Os expedientes foron declarados de tramitación urxente por resolución do 9 de novembro.

Expediente nº: 081/1995.

Obxecto: sistema de xestión de rede.

Localidade: Lugo.

Provincia: Lugo.

Importe de licitación: 2.000.000 de ptas (IVE incluído).

Garantía provisional: 40.000 ptas.

Expediente nº: 082/1995.

Obxecto: sistema de alimentación ininterrompida.

Localidade: Lugo.

Provincia: Lugo.

Importe de licitación: 700.000 ptas (IVE incluído).

Garantía provisional: 14.000 ptas.

Expediente nº: 083/1995.

Obxecto: servidor de correo.

Localidade: Lugo.

Provincia: Lugo.

Importe de licitación: 3.400.000 ptas (IVE incluído).

Garantía provisional: 68.000 ptas.

Expediente nº: 084/1995.

Obxecto: centrífuga de alta velocidade. F. farmacia.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 2.600.000 ptas (IVE incluído).

Garantía provisional: 52.000 ptas.

Expediente nº: 085/1995.

Obxecto: sinalización de evacuación e medios de protección. Diversos centros.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 6.000.000 de ptas (IVE incluído).

Garantía provisional: 120.000 ptas.

Expediente nº: 089/1995.

Obxecto: equipos informáticos.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 31.520.000 ptas (IVE incluído).

Garantía provisional: 630.400 ptas.

A capacidade de obrar acreditarase de acordo co disposto no prego de cláusulas administrativas.

Solvencia técnica.

A solvencia técnica acreditarase por:

-Relación das principais subministracións efectuadas durante os tres últimos anos, indicándose o seu importe, datas e destino público ou privado, á que se incorporarán os correspondientes certficados sobre estas.

-Descrición do equipo técnico, medidas empresgadas polo subministrador para asegura-la calidade e os medios de estudio e investigación da empresa.

-Indicación dos técnicos ou das unidades técnicas integradas ou non na empresa, participantes no contrato especialmente de aqueles encargados do control de calidade.

-Mostras, descricións e fotografías dos productos que hai que subministrar.

-Certificacións establecidas polos institutos ou servicios oficiais ou homologados encargados do control de calidade e que acrediten a conformidade de artigos ben identificados con referencia a certas especificacións ou normas.

-Control efectuado pola Administración ou, no seu nome, por un organismo oficial competente do estado no cal o empresario está establecido, sempre que medie acordo do dito organismo, cando os productos a subministrar sexan complexos ou, a título excepcional, deban responder a un fin particular; este con

trol versará sobre as capacidades de producción e, se, fose necesario, de estudio e investigación do empresario, así como sobre as medidas empregadas por este último para controlar a calidade.

Solvencia económica e financeira.

A solvencia económica e financeira acreditarase por:

-Informe de institucións financeiras ou, se é o caso, xustificante da existencia dun seguro de indemnización por riscos profesionais.

-Tratándose de sociedades, presentación de balances, no suposto de que a publicación sexa obrigatoria nos destes estados onde aquelas se encontren establecidas.

-Declaración relativa á cifra de negocios global e das obras, subministracións, servicios ou traballos realizados pola empresa no curso dos tres últimos exercicios.

Se por razóns, que se deben xustificar, un empresario non pode facilita-las referencias solicitadas, poderá acredita-la súa solvencia económica e financeira con calquera outra documentación considerada como suficiente pola Universidade de Santiago de Compostela.

No suposto de persoas xurídicas dominantes dun grupo de sociedades poderase ter en conta as sociedades pertencentes ó grupo para os efectos de acreditación da solvencia económica, financeira e técnica ou profesional, ou da correspondente clasificación, se é o caso, da persoa xurídica dominante, sempre e cando esta acredite que ten efectivamente á súa disposición os medios das ditas sociedades necesarios para a execución do contrato.

Os criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato son:

-Prezo ofertado.

-Calidade, valor técnico e funcionalidade.

-Custo de utilización e de mantemento, de ser necesario.

-Servicio de asistencia técnica posvenda e posibilidade de repostos.

-Prazo de entrega.

O prego de cláusulas administrativas particulares recollerase na Sección de Xestión e Contratación, edificio administrativo Casa da Balconada, rúa Nova, 6, Santiago de Compostela.

As propostas presentaranse nos rexistros xerais da Universidade (Rectorado, praza do Obradoiro s/n, Santiago de Compostela ou no Rexistro do Campus Universitario de Lugo, polígono de Fingoi, s/n pavillón 4 do Complexo da Facultade de Veterinaria de Lugo).

O prazo de presentación das proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A mesa de contratación reunirase o terceiro día seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións, se este día fose inhábil ou sábado

reuniarase o seguinte día hábil, ás 13 horas da mañá, na sala de xuntas da Casa da Balconada, rúa Nova, 6, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 1995.

P.D. (Resolución 14-2-1995)

Manuel Castro Cotón

Vicerrector de Asuntos Económicos

7498