Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 16 de novembro de 1995 Páx. 8.446

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia concurso público, para a contratación do servicio de cafetería do Centro de Servicios Sociais de Lugo. (Trámite de urxencia).

Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar concurso público para a contratación do servicio de cafetería do Centro de Servicios Sociais de Lugo.

-Prezo mínimo de explotación: 25.000 ptas.

-Exposición de documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e demais documentación técnica poderán examinarse no Servicio de Administración e Xestión Económica da Dirección Xeral de Servicios Sociais (edificio administrativo de San Caetano) e non Servicio de Axudas e Programas da Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais de Lugo, sita en Doutor García Portela, nº 11 durante o prazo de presentación de proposicións desde as 10 ás 14 horas, en días hábiles agás sábados.

-As proposicións económicas axustaranse ó modelo establecido que figura unido ó prego de cláusulas administrativas particulares.

-Lugar: a presentación de proposicións farase no rexistro xeral da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Lugo, en sobres pechados, ou correo segundo os procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

-Prazo de presentación de proposicións: comezará o día da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o décimo terceiro día natural ás 14 horas.

-Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación o sexto día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións nos locais da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Lugo, ás 12 horas, en acto público. Se coincidise este día en sábado ou festivo reunirase o primeiro hábil seguinte, á mesma hora.

-Documentación que presentarán os licitadores: a esixida na cláusula 10ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

-O pagamento deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Lugo, 3 de novembro de 1995.

Luis Abades Álvarez

Delegado provincial de Lugo

95-7231