Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 16 de novembro de 1995 Páx. 8.446

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 94/92 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da variación parcial do trazado da instalación eléctrica nomeada L.A.T. a 220 kV dobre circuíto desde Castrelo de Miño (Ourense) ata Pazos de Borbén (Pontevedra), publicada no BOP do 9-1-1995, no diario Faro de Vigo do 17-12-1994, no Diario Oficial de Galicia do 19-10-1994 e no BOE do 28-9-1994 (estas dúas últimas publicacións foron realizadas pola Delegación de Industria de Ourense) e co número de expediente A.T. 94/92 na provincia de Pontevedra e IN407A 94/97-3 A.T. na provincia de Ourense, coas seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai realiza-la variante: desde o poste nº 61 da liña no concello de Mondariz ata a subestación de Pazos de Borbén, ámbolos dous na provincia de Pontevedra.

Finalidade da instalación: adpata-lo trazado da liña á nova situación da subestación de Pazos de Borbén.

Características principais: as características técnicas son iguais ás publicadas no anuncio anterior.

A lonxitude total da variación é de 15.271 m, afectando ós concellos de Mondariz, Ponteareas e Pazos de Borbén.

Orzamento: 414.500.000 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra este as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 4 de outubro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

95-7515