Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 16 de novembro de 1995 Páx. 8.445

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de outubro 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4398 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.; rúa Sáenz Díez, 95, Ourense.

Finalidade: mellora do servicio eléctrico na zona.

Orixe da liña: apoio nº 9 L.M.T. Soldón-Bendollo e nº 8 ó C.T. de Vilar de Mondelo.

Final: C.T. proxectado de Vilar de Mondelo e C.T. proxectado de Bendillo.

Situación do transformador: Vilar de Mondelo, Bendillo, Novais e Sequeiros.

Características: liñas de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56, de 54,6 mm Al, con postes de formigón e unha lonxitude de 2.940 metros. Catro centros de transformación tipo intemperie de 50 kVA 20.000/398-230 V cada un. Redes de baixa tensión aéreas, en conductor R.Z.-50, cunha lonxitude de 50 metros, para mellora do servicio eléctrico nos lugares de Novais, Bendillo e Vilar de Mondelo, no concello de Quiroga.

Orzamento: 13.340.000 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir do da publicación desta resolución.

Lugo, 4 de outubro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-7182