Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 16 de novembro de 1995 Páx. 8.445

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 333/1995 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de L.A.T. de subestación Lourizán á subestación Sanxenxo,coas seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde a futura subestación de Lourizán ata a futura subestación de Sanxenxo, concellos de Pontevedra, Poio, Meaño e Sanxenxo.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: liña de alta tensión, aéreo-suberránea, a 66 kV, sendo o tramo aéreo de 12.970 m de lonxitude, con conductor tipo LA-180, sobre apoios de formigón e metálicos, e o tramo subterráneo 1.780 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V.

Orzamento: 184.772.158 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 29 de setembro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

95-7183