Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 15 de novembro de 1995 Páx. 8.366

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 1995, da Dirección Xeral de Industria, de autorización administrativa e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 95/126 A.T.).

Visto o expediente incoado por solicitude da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na r/ Severo Ochoa, nº 2, 15008 A Coruña, para a autorización administrativa e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que segue:

Expediente nº 95/126 A.T. Entrada da liña de transporte de enerxía eléctrica Castrelo-Troncal na subestación de Areeiro-Nespereira, sita no concello de Pazos de Borbén (Pontevedra), coas caracteristícas seguintes:

Liña aérea a 220 kV, con conductor tipo Cóndor, de 0,6 km de lonxitude, apoios metálicos e postas a terra, con orixe no apoio 280 da liña eléctrica Castrelo-Troncal e remate na citada subestación.

Orzamento: 29.310.000 ptas.

Cumpridos los trámites ordenados no capítulo III dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, respectivamente, esta dirección xeral resolveu,

Autorizar e declarar de utilidade pública as devanditas instalacións, para os efectos sinalados na Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa en sancións en materia de instalacións eléctricas e o seu regulamento de execución, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro.

Esta instalación non poderá entrar en servicio mentras non conte o peticionario dela coa aprobación do seu proxecto de execución, logo de cumprimento dos trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, do 20 de outubro.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso ordinario

perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 1995.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

9506833