Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 14 de novembro de 1995 Páx. 8.350

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 1995 pola que se anuncia concurso de proxectos con intervención de xurado para a reforma do edificio dos laboratorios tecnolóxicos de Enxeñería no campus de Esteiro-Ferrol (expediente número 3066/1995).

Convócase concurso de proxectos con intervención de xurado, para a reforma do edificio dos laboratorios tecnolóxicos de Enxeñería no campus de Esteiro-Ferrol, polo trámite de urxencia.

O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de redacción de proxectos de obras mediante concurso con intervención de xurado pódese retirar na Xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do rectorado sita en r/ Maestranza, s/n A Coruña, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, r/ Maestranza, s/n de luns a venres de 9 a 14 horas.

O prazo de presentación de proposición rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Orzamento de contratación: dez millóns de pesetas (10.000.000).

Garantía provisional: non se esixe.

Prazo de execución: 1 mes.

A Coruña, 6 de novembro de 1995.

P.D. (Resolución 30-3-1990)

José María Pujalte Giménez

Xerente da Universidade da Coruña

7418