Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 14 de novembro de 1995 Páx. 8.349

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CÉDULA do 6 de novembro de 1995, do Servicio de Ordenación e Coordinación Alimentaria, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador número 1-95 por infracción en materia sanitaria.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, cos datos e derradeiro enderezo coñecido, a resolución do expediente sancionador 1-95 por infraccións en materia sanitaria, iniciado na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña.

Faiselle saber que, de acordo co Título VII, Capítulo II, Sección 2ª, artigos 114 a 117, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, dispón do prazo dun mes, contado a partires do día seguinte ó da publicación desta notificación, para presentar recurso ordinario ante o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais.

En caso de conformidade con esta resolución deberá facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións do Servicio Galego de Saúde número 001-014017-2 do Banco Bilbao Vizcaya, sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, expido, asino e selo a presente cédula, en Santiago de Compostela o 6 de novembro de 1995.

Mª Sagrario Pérez Castellanos

Xefa do Servicio de Ordenación e Coordinación Alimentaria

ANEXO

Expediente: 1-95.

Denunciado: María Paz Silva.

Derradeiro enderezo coñecido: Pérez Cepeda 10, A Coruña.

Feito denunciado: infracción en materia sanitaria.

Precepto infrinxido: art. 8 R.D. 512/77 (pratos preparados).

Precepto sancionador: Lei 14/1986 (xeral de sanidade). Art. 5.1º; 5.2º; 7.2º do R.D. 1945/1983 (infraccións e sancións). Art. 4 do D. 157/1985 (infraccións e sancións).

Sanción proposta: 150.000 ptas.

7417