-Obra: adecuación da instalación eléctrica dos laboratorios no Hospital Materno Infantil, A Coruña.
-Orzamento da contrata: 89.014.273 ptas.
-Prazo de execución: 6 meses.
-Clasificación do contratista: grupo I, subgrupo 5/6, categoría e.
-Fianza definitiva: 3.560.571 ptas.
-Forma de tramitación: urxente.
-Variantes ó proxecto: non se admiten.
Exposición de proxectos: os proxectos e pregos de cláusulas administrativas particulares poderán examinarse na D.X. de Recursos Económicos, (Subdirección Xeral de Investimentos) ou nas Direccións Provinciais do Sergas nas respectivas provincias, en días hábiles de 9 a 14 horas.
Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en man, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, ou nas direccións provinciais correspondentes, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural a partir da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.
Documentación a presentar polos licitadores:
-No sobre de documentación económica: a establecida na cláusula 8.2 do prego de cláusulas administrativas.
-No sobre da documentación persoal: a documentación sinalada na cláusula 8.3 do prego de cláusulas administrativas polas que rixe a adxudicación do contrato.
-No sobre da documentación de referencias técnicas: a establecida na cláusula 8.4 do prego de cláusulas administrativas.
Apertura de proposicións: realizaráse pola mesa de contratación nas dependencias da Dirección Xeral de Recursos Económicos, a partir das 10 horas do undécimo día natural seguinte ó peche do prazo de admisión de ofertas.
No caso de que dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar ó día hábil seguinte.
Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.
Santiago, 27 de outubro de 1995.
P.D. (Decreto 199, 16-6-1994)
Antonio Carbajo Romero
Director xeral de Recursos Económicos
95-7428