Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 14 de novembro de 1995 Páx. 8.346

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 26 outubro de 1995, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia contratación polo sistema de concurso público e procedemento aberto das obras de construcción do Centro de Saúde de Redondela (Pontevedra).

-Obra: construcción dun Centro de Saúde en Redondela (Pontevedra).

-Orzamento da contrata: 279.395.685 ptas.

-Prazo de execución: 12 meses.

-Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo 2, categoría e.

-Fianza definitiva: 11.175.827 ptas.

-Forma de tramitación: urxente.

-Variantes ó proxecto: non se admiten.

Exposición de proxectos: os proxectos e pregos de cláusulas administrativas particulares poderán examinarse na D.X. de Recursos Económicos, (Subdirección Xeral de Investimentos) ou nas Direccións Provinciais do Sergas nas respectivas provincias, en días hábiles de 9 a 14 horas.

Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en man, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, ou nas direccións provinciais correspondentes, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural a partir da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación a presentar polos licitadores:

-No sobre de documentación económica: a establecida na cláusula 8.2 do prego de cláusulas administrativas.

-No sobre da documentación persoal: a documentación sinalada na cláusula 8.3 do prego de cláusulas administrativas polas que rixe a adxudicación do contrato.

-No sobre da documentación de referencias técnicas: a establecida na cláusula 8.4 do prego de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións: realizaráse pola mesa de contratación nas dependencias da Dirección Xeral de Recursos Económicos, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar ó día hábil seguinte.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago, 26 de outubro de 1995.

(Decreto 199, 16-6-1994)

Antonio Carbajo Romero

Director xeral de Recursos Económicos

95-7427