Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 14 de novembro de 1995 Páx. 8.336

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia a contratación por procedemento aberto e adxudicación por poxa das obras que se citan (OH-LU-95.01 e cinco máis).

Título do proxectoOrzamentoClasificación

OH-LU-95.01 Ampliación e mellora da rede de sumidoiros, depuración e vertido. Antas de Ulla.20.000.000Grupo E, Sub. 7, Cat. e

Título do proxectoOrzamentoClasificación

OH-LU-95.02 Mellora do abastecemento de auga a Bóveda. 9.000.000Grupo E, Sub. 7, Cat. b

OH-LU-95.03 Abastecemento de augas a Láncara e Carracedo. Segunda fase. 7.608.174Grupo E, Sub. 1, Cat. b

OH-LU-95.04 Abastecemento a Suegos. Pol.23.200.000Grupo E, Sub. 1, Cat. c

OH-LU-95.05 Abastecemento de auga a Espasande de Arriba. Riotorto. 6.253.074Grupo E, Sub. 7, Cat. b

OH-LU-95.08 Bombeo en Saldanxe. A Pastoriza. 6.959.428Grupo E, Sub. 1, Cat. b

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os correspondentes proxectos de cada unha das obras que se relacionan e demais documentos de interese para os licitadores, estarán á disposición

destos na Delegación Provincial de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, sita na Ronda da Muralla, 131 (Lugo).

Esixirase a fianza provisional do 2% salvo no disposto no artigo 36 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas, e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

As proposicións deberán dirixirse en sobres pechados ó rexistro xeral da Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Lugo, ben persoalmente ou ben envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio.

Así mesmo, a apertura de proposicións, que será pública, realizaranse na Delegación provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Lugo, ás once horas do cuarto día, que non coincida en sábado, contado a partir do último día da presentación de proposicións.

Os documentos que deben presenta-los licitadores son os que figuran no prego de cláusulas administrativas. O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Lugo, 3 de novembro de 1995.

José A. Cobreros Aranguren

Delegado provincial de Lugo

95-7439