Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 13 de novembro de 1995 Páx. 8.322

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBEIRA

ANUNCIO contratación mantemento iluminación pública.

O Pleno da Corporación, en sesión con data 30-10-1995, aprobou inicialmente o prego de condicións económico administrativas para o concurso de adxudicación do servicio de conservación da iluminación pública municipal.

Segundo o previsto no Art. 122 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, o referido prego de condicións sométese a exposición pública por un prazo de oito días, contados desde a publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da provincia, para os efectos de que poidan presentarse reclamacións perante o Pleno.

Simultaneamente sométese a licitación o concurso de referencia para os efectos de presentación de proposicións, segundo o seguinte resume:

-O prego de condicións está á disposición dos interesados no negociado de contratación da Secretaría Xeral do Concello.

-Prazo de presentación: cincuenta e dous días naturais contados desde a data de remisión do derradeiro anuncio de licitación no BOP ou Diario Oficial de Galicia.

-Lugar de presentación: no rexistro xeral da Casa do Concello, ata as 14 horas do derradeiro día do prazo.

-Fianza provisional: 500.000 ptas.

-Fianza definitiva: 4 por 100 do prezo anual do contrato.

-Calificación do contratista: grupo III, subgrupo 7, categorías A ou B.

-Duración do contrato: 4 anos, prorrogable ata un máximo de 6 anos.

-Modelo de proposición: figura no prego de condicións.

Ribeira, 2 de novembro de 1995.

O alcalde

Rubricado