Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 13 de novembro de 1995 Páx. 8.322

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 11 de outubro de 1995, aprobou inicialmente o proxecto de expropiación forzosa polo sistema de taxación conxunta para a execución do sistema xeral proxecto de acondicionamento da travesía de Bastiagueiro (LC-1730).

De conformidade co artigo 219.2º do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, exponse o proxecto ó público durante 1 mes, na secretaría xeral do Concello de Oleiros, para que das 9 ás 13 horas quen poida resultar interesado formule as observacións e reclamacións que estime convenientes, en particular no que concirne á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

Oleiros, 26 de outubro de 1995.

Alfredo Novoa Gil

Alcalde

7376