Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 13 de novembro de 1995 Páx. 8.321

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 1995, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto con trámite de urxencia para a subministración de equipamento informático.

Obxecto e orzamento: subministración de equipamento informático, por importe máximo de 20.000.000 de ptas., IVE incluído.

Solvencia económica e financeira : deberá acreditarse conforme o previsto no apartado 6 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia técnica : deberá acreditarse conforme o previsto no apartado 7 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de execución: ver apartado 2 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar na Dirección Xeral de Recursos Económicos (Servicio de Xestión Económica), edificio administrativo San Caetano, Santiago de Compostela, en días laborais desde as 9 ata as 14 horas.

Fianzas: o 2% do orzamento de licitación, que se constituirá segundo o disposto no artigo 36 da Lei de contratos das administracións públicas.

Clasificación: non se esixe.

Admisión de variantes: non se admiten.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no registro xeral da consellería/Sergas, antes das 14 horas do décimo quinto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por

correo na forma indicada no punto 9 do prego de cláusulas administrativas.

Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da consellería, ás 10 horas do úndecimo día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

Documentación que deberán aporta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 1995.

Antonio Carbajo Romero

Director xeral de Recursos Económicos

7389