O Servicio Galego de Saúde, por proposta da Dirección Xeral de Recursos Económicos, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes,
resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:
Subministración: adquisición dun sistema de diagnóstico eco-doppler para o hospital Montecelo de Pontevedra (SCC 42/95).
Orzamento: 18.000.000 de ptas. IVE incluído.
Fianza provisional: 360.000 ptas.
1. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e trámite de urxencia.
2. Prazo de execución: os bens obxecto do presente concurso público entregaranse no prazo de 30 días contados a partir da data de notificación da adxudicación.
3. Admisión de variantes: non se admiten variantes.
4. Solvencia económica e financeira: acreditarase de acordo co establecido no artigo 16.1º a) e b) da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.
5. Solvencia técnica: acreditarase de acordo co establecido no artigo 18 a), c) e d) da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.
6. Criterios de adxudicación:
6. 1. Calidade/prezo: ata 5 puntos.
6.2. Valor técnico: ata 4 puntos.
6.3. Prazo de garantía: 0,25 puntos/ano a partir do primeiro (máximo 1 punto).
6.4. Custo futuro mantemento: 0,10 puntos por cada enteiro porcentual que baixe do 10% do valor de oferta do aparato (máximo 0,50 puntos).
7. Documentos de interese para os licitadores: o prego de claúsulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame nos servicios centrais da Dirección Xeral de Recursos Económicos, edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º en Santiago de Compostela, e nas direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde, tódolos días laborables, agás sábados, de 9 a 14 horas.
8. Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Servicio Galego de Saúde, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro de prazo sinalado.
Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó organo de contratación a remisión da oferta mediante fax (981) 54 27 62 ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.
9. Apertura de proposicións: terá lugar na sala de xuntas do Servicio Galego de Saúde, edificio administrativo de San Caetano, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural a contar desde o seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.
10. Documentación que aportarán os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
11. Anuncios: o pagamento do anuncio do presente concurso público será por conta do/s adxudicatario/s do/s contrato/s.
Santiago de Compostela, 23 de outubro de 1995.
Antonio Carbajo Romero
Director xeral de Recursos Económicos
7372