Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 13 de novembro de 1995 Páx. 8.302

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 15 de setembro de 1995 pola que se fai pública a substitución do representante da Universidade de Santiago de Compostela na comisión avaliadora das axudas convocadas para accións de apoio económico ós estudiantes universitarios.

Advertido erro na devantida resolución, publicada no DOG número 190, do 3 de outubro de 1995, debe facerse a oportuna corrección:

Na páxina 7.374, na sinatura da resolución, onde di: «José Manuel López», deberá dicir: «José Manuel Touriñán López».

7266