Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 13 de novembro de 1995 Páx. 8.302

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 1995, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 01/0001731/1995, interposto polo clube español, Sociedad Deportiva y Cultural Santa Lucía.

Con data 25 de outubro de 1995, o Comité Galego de Disciplina Deportiva recibe da sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo nº 01/0001731/1995 interposto polo recorrente contra resolución do recurso nº 318 do Comité Galego de Disciplina Deportiva do 28 de xullo de 1995 sobre alineación indebida dun xogador.

En consecuencia, esta Secretaría Xeral para o Deporte acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do expediente administrativo á referida sala, o que se lles notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer como parte en autos na sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia, no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

7218