Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 10 de novembro de 1995 Páx. 8.296

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE REDONDELA

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión do 22 de setembro de 1995, aprobou definitivamente o estudio de detalle no Camiño de Parada-Chapela, promovido por Remigio Pazos Pousa, que ten como finalidade o cambio de aliñación e nova reordenación volumétrica dos aproveitamentos adxudicados polo Plan Especial de Reforma Interior de Chapela ó predio grafado nos planos do proxecto, ó que se incorporan as seguintes prescricións resultantes da aprobación inicial:

1.-O mantemento do perfil natural do terreo.

2.-Os usos dos semisotos 1 e 2 non poderán ser de vivenda, oficinas ou locais comerciais.

3.-Ámbolos dous semisotos terán na súa frenta á Avda. de Redondela tratamento de fachadas.

Redondela, 18 de outubro de 1995.

O alcalde

Rubricado

7336