Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 10 de novembro de 1995 Páx. 8.296

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 1995, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto e trámite de urxencia dunha asistencia técnica para a contratación dunha plana en prensa, en xornais de Galicia, con motivo do día mundial da SIDA.

I.-Obxecto e orzamento: asistencia técnica para a contratación dunha plana en prensa, en xornais de Galicia, con motivo do día mundial da SIDA, polo importe de 3.000.000 ptas., IVE incluído.

II.-Solvencia económica e financeira: deberá acreditarse conforme o previsto no apartado 6 da folla de especificacións do prego de claúsulas administrativas particulares.

III.-Solvencia técnica: deberá acreditarse conforme o previsto no apartado 7 da folla de especificacións do prego de claúsulas administrativas particulares.

IV.-Prazo de execución: ver apartado 2 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

V.-Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar na Dirección Xeral de Recursos Económicos, (Servicio Galego de Saúde ), edificio administrativo San Caetano, Santiago de Compostela, en días laborais desde as 9 ata as 14 horas.

VI.-Fianzas: o 2% do orzamento de licitación, que se constituirá segundo o disposto no artigo 36 da Lei de contratos das administracións públicas.

VII.-Clasificación: non se esixe.

VIII.-Admisión de variantes: non se admiten.

IX.-Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no Registro Xeral da Consellería/Sergas, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no punto 9 do prego de cláusulas administrativas.

X.-Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da consellería, ás 10 horas do quinto día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

XI.-Documentación que deberán aporta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

XII.-Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 1995

Antonio Carbajo Romero

Director xeral de Recursos Económicos

7193