Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 10 de novembro de 1995 Páx. 8.288

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 253/1995 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica L.M.T. D/C de enlace subestación con L.M.T. Ponteareas-Mondariz, en Bugarín,coas seguintes características especiais:

Peticionario: Sestelo y Cía, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o centro de distribución próximo á subestación de Queidores, propiedade de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. na zona denominada Bugarín ata enlazar coa L.M.T. denominada Ponteareas-Mondariz, concello de Ponteareas.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais:L.M.T., aérea, dobre circuíto, a 20 kV, de 550 m de lonxitude, con conductor tipo LA-110, sobre apoios metálicos.

Orzamento: 5.728.687 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra este as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 7 de setembro de 1994.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

95-7107