Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 10 de novembro de 1995 Páx. 8.288

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 239/1995 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información

pública a petición de instalación de L.M.T. e C.T. en autovía Ourense-Vigo, tramo A Cañíza-Batalláns, coas seguintes características especiais:

Peticionario: La Cañiza U.T.E.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o poste n.9 da L.M.T. propiedade da Cañiza U.T.E. no p.K. 117,800 da autovía en construcción, no concello da Cañiza.

Finalidade da instalación: subministra-la enerxía para a construcción da autovía.

Características principais:

L.M.T., aérea, a 15/20 kV, de 779 me de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón e metálicos.

L.M.T., subterránea, a 15/20 kV, de 40 m de lonxitude, con conductores tipo R.H.V.

2 CC.TT. de 630 kVA, cada un, relación de transformación 15/20 kV-398/230 V.

2 CC.TT. de 500 kVA, cada un, relación de transformación 15/20 kV-398/230 V.

Orzamento: 8.620.996 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 6 de setembro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

7136