Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 10 de novembro de 1995 Páx. 8.276

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 1995, da Dirección Xeral de Universidades e Investigación, pola que se fai pública a relación provisional de beneficiarios das accións de apoio económico ós estudiantes universitarios que se citan.

Rematado o proceso de selección das solicitudes de axuda para accións de apoio económico ós estudiantes universitarios, convocadas por Orde do 30 de marzo de 1995, (DOG do 11 de maio), procede, atendendo a proposta elaborada pola comisión avaliadora prevista na devandita orde, facer pública a relación provisional de beneficiarios de conformidade coas respectivas bases.

En consecuencia, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Facer pública a relación provisional de beneficiarios de accións de apoio económico ós estudiantes universitarios convocadas pola Orde do 30 de marzo de 1995, (DOG do 11 de maio), que a continuación se indican:

-Axudas a asociacións de estudiantes das universidades galegas, (anexo I da orde).

-Axudas complementarias ás bolsas de carácter xeral de estudios universitarios convocadas polo MEC, (curso 1994/1995), dirixidas a estudiantes con residencia en Galicia pero que realizan os seus estudios en universidades de fóra de Galicia, (anexo IV da orde).

-Axudas de desprazamento para a realización de prácticas recoñecidas nos plans de estudios correspondentes ás titulacións universitarias autorizadas nas universidades galegas, (anexo V da orde).

-Financiamento de viaxes para estadías nalgún estado membro da Unión Europea co obxecto de coñece-la lingua dese país (anexo VI da orde).

-Axudas complementarias do programa de acción da Unión Europea de mobilidade de estudiantes (ERASMUS), (anexo VII da orde).

Segundo.-As ditas relacións provisionais estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, das súas delegacións provinciais, dos rectorados das tres universidades de Galicia e na oficina de información administrativa da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Terceiro.-Contra esta resolución poderase formular reclamación no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. A reclamación presentarase no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 1995.

José Manuel Touriñán López

Director xeral de Universidades e Investigación

95-7134