Examinado o expediente instruído por intancia de Mª Dolores Garrido Suárez, no que solicita autorización definitiva para a apertura e funcionamento do centro privado de educación secundaria Compañía de María da Coruña.
Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenacion Universitaria, que o remite cos informes da Unidade Técnica e Inspección Educativa.
Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo, Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e demais disposicións complementarias.
Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.
Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros,
DISPÓN:
Primeiro.-Autoriza-la apertura e funcionamento do centro de educación secundaria Compañía de María da Coruña, e, como consecuencia disto, establece-la configuración definitiva do centro existente no mesmo edificio ou recinto escolar, segundo se especifica no anexo.
Segundo.-A presente autorización producirá efectos progresivamente, a medida que se implanten as ensinanzas autorizadas conforme o calendario de aplicación da nova ordenación do sistema educativo, segundo os reais decretos 986/1991, do 14 de xuño e 1487/1994, do 1 de xullo.
Terceiro.-Antes do inicio das ensinanzas de educación secundaria obrigatoria que se autorizan, a delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia en dito centro.
Cuarto.-O centro de educación secundaria que pola presente orde se autoriza, deberá cumpri-la norma básica da edificación NBE-CPI/1991, de condicións de protección contra incendios nos edificios, aprobada por Real decreto 279/1991, do 1 de marzo (BOE do 8), e especialmente o establecido no seu anexo D, que establece as condicións particulares para o uso docente. Todo isto sen prexuizo de que teñan que cumprirse outros requisitos esixidos pola normativa municipal ou autonómica.
Quinto.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.
Santiago de Compostela, 17 de outubro de 1995.
Juan Piñeiro Permuy
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria
ANEXO
Provincia: A Coruña.
Concello: A Coruña.
Localidade: A Coruña.
Domicilio: Calvo Sotelo, 2.
Denominación específica: Compañía de María.
Titular: Fundación Compañía de María.
-Composición resultante:
a) Centro de educación infantil: 6 unidades.
b) Centro de educación primaria: 18 unidades.
c) Centro de educación especial: 1 unidade.
d) Centro de educación secundaria: 12 unidades de educación secundaria obligatoria.
e) Centro de bacharelato de 6 unidades, coas alidades seguintes: Ciencias da Natureza e da Saúde e Humanidades e Ciencias Sociais.
7217