Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 09 de novembro de 1995 Páx. 8.240

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 9 de xaneiro de 1995 pola que se aproba o cambio de dominio mortis-causa da batea de cultivo de mexillón denominada D.O.M. número 2, a favor de Carmen Sánchez Blanco e José Ramón, Antón, Fernando e Manuel Vidal Sánchez.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta o previsto no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31-5- 1993), e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Xurídico de Planificación, acordou acceder á solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: D.O.M. nº 2.

Cultivo: mexillón.

Localización: Caramiñal E, cuadrícula 103.

Data da concesión: 20-2-1959

Data do remate da última prórroga: 7-3-2004

Anterior concesionario: Jose Vidal Outeiral.

Novos titulares da concesión e batea: María del Carmen Sánchez Blanco, José Ramón, Antón, Fernando e Manuel Vidal Sánchez, en proindiviso, con 4/8 partes para a primeira e 1/8 partes para cada un dos demais.

Os novos titulares quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigados ó cumprimento das disposicións legalis

vixentes que lles sexan aplicables e de categoría suficiente.

A Coruña, 9 de xaneiro de 1995.

P.D. (Orde do 27-6- 1990)

Jesús Espada Martínez

Delegado territorial da Coruña

95-06710