Vacante o cargo de xuíz protector da fundación benéfica Manuel Ventura Figueroa, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, de acordo coas normas fundacionais da dita institución,
e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día tres de novembro de mil novecentos noventa e cinco,
DISPONGO:
Nomear a Xosé Fernando Filgueira Valverde xuíz protector da fundación benéfica Manuel Ventura Figueroa.
Santiago de Compostela, tres de novembro de mil novecentos noventa e cinco.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
Dositeo Rodríguez Rodríguez
Conselleiro da Presidencia e Administración Pública
9506975