Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 07 de novembro de 1995 Páx. 8.177

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 233/1995 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha central de coxeración que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Enernova o Grove, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: en Ardia, concello do Grove.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais:grupo motor-xerador eléctrico de 7.800 kVA, con motor diesel, combustible fueoil e xerador síncrono, con sistemas uxiliares de almacenamento combustible, intercambiadores de calor e interconexión á rede.

Orzamento: 433.100.000 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 6 de setembro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

95-6824