Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 07 de novembro de 1995 Páx. 8.177

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 290/1995 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha R.B.T. e C.T. en Cabreira-Granxa, coas seguintes características especiais:

Peticionario: Electra Alto Miño, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: en Cabreira-Granxa, concello de Salvaterra de Miño.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais:R.B.T., aérea, de 1.020 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobra apoios de formigón.

C.T. de 50 kVA, relación de transformación 15/20 kV-398/230 V.

Orzamento: 3.547.559 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 4 de setembro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

95-6820