Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 07 de novembro de 1995 Páx. 8.174

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 1995 pola que se corrixen erros na do 27 de outubro de 1995 pola que se anuncia a licitación, con tramitación urxente e mediante o sistema de concurso con procedemento aberto, dos servicios precisos para a realización de actividades turísticas para os participantes nos congresos institucionais que celebra a Universidade de Santiago de Compostela co gallo do seu V Centenario.

Advertido erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 209 do día 31 de outubro de 1995, cómpre face-la súa corrección, polo cal,

DISPOÑO:

1º) Onde di: «Data e lugar de apertura das proposicións: na Secretaría Xeral para o Turismo, o primeiro día hábil despois de rematado o prazo de admisión de proposicións», debe dicir: «Lugar, hora e data de apertura das proposicións: na Secretaría Xeral para o Turismo, ás 12.30 horas, do primeiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións».

2º) A presente corrección non altera os prazos establecidos na resolución de referencia.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 1995.

P.D. (Orde 21-5-1990)

Francisco García-Bobadilla Prósper

Secretario xeral para o Turismo

95-7048