Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 07 de novembro de 1995 Páx. 8.173

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (166/1995).

Ángel Pantín Reigada, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela.

Fago saber: que se segue neste xulgado procedemento especial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria, co número 00166/1995, a pedimento do Banco Pastor, S.A., contra Construvent Estradense, S.A., nos que por resolución do día da data, acordouse sacar á venda, en poxa pública os bens que se describen ó final, dos cales o remate terá lugar na sala de audiencias deste xulgado, na forma seguinte:

En primeira poxa o vindeiro día 20 de decembro ás 12 horas da mañá, servindo de tipo o pactado na escritura de hipoteca, que ascende á suma que se indica na descrición de cada un dos predios poxados.

En segunda poxa, no caso de non quedaren rematados os bens na primeira, o día 23 de xaneiro que vén ás 12 horas da mañá, coa rebaixa do 25% do tipo da primeira.

E en terceira poxa se non se rematasen en ningunha das anteriores, o vindeiro 22 de febreiro ás 12 horas da mañá, con tódalas demais condicións da segunda, pero sen suxeición a tipo.

Condicións da poxa:

1.-Non se admitirán ofertas que non cubran o tipo da poxa en primeira nin en segunda, e poderase face-lo remate en calidade de ceder a terceiros.

2.-Os que desexen tomar parte na poxa, a excepción do acredor executante, deberán consignar previamente na conta de consignacións deste xulgado nº de conta 1592 18 166 95, o vinte por cento do tipo expresado, requisito sen o cal non serán admitidos a licitación.

3.-Os autos e a certificación do rexistro a que se refire a regra 4ª do artigo 131 da Lei hipotecaria, están de manifesto en secretaría, e enténdese que todo licitador acepta como bastante a titulación, e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do demandante, continuarán subsistentes enténdese que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade deles, sen que se destine para a súa extinción o prezo do remate.

Bens obxecto da poxa:

Todos eles pertenecen a un edificio que fai esquina as rúas de Piteles e Hórreo desta cidade de Santiago de Compostela.

1.-Catro vinteduasavas partes indivisorias do local nº 1 que dá dereito á utilización exclusiva da praza de garaxe nº 9 da planta do soto da rúa de Pitelos, da extensión de 165 m e 13 dm. Linda; con inclusión da caixa do ascensor: norte, casa nº 13 e 15 da rúa do Hórreo; sur, rúa Pitelos; leste, residencia das

Madres Concepcionistas e oeste, subsolo e despois rúa do Hórreo. Inscrita ó tomo 1055, libro 90, folio 97, predio 8.317, inscricións 1ª, 2ª e 3ª. Prezo de poxa: 2.880.000 ptas.

2.-Local sinalado co número 4 na planta baixa pola rúa de Pitelos. Extensión: 48 m e 82 dm. Linda: norte, local nº 2; sur: rúa de Pitelos, caixa do ascensor, e local nº 2; leste: local nº 2 e acceso, e oeste, local nº 2 e caixa do ascensor. Inscrita no tomo 1055, libro 90, folio 101, predio nº 8.319, inscrición 1ª. Prezo de poxa: 20.600.000 ptas.

3.-Planta baixo cuberta, letra B. Extensión 85 m e 8 dm. Linda, norte: casas nº 13 e 15 da rúa do Hórreo; sur: beirado do tellado da rúa de Pitelos; leste: patio de luces e caixa, e relanzo das escaleiras. Prezo de poxa: 26.500.000 ptas.

Santiago de Compostela, vintetrés de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

7210