Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 06 de novembro de 1995 Páx. 8.137

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (112/1995).

María Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela,

Dou fe e testemuño: que nos autos dos que se fará mención recaeu a sentencia que contén o encabezamento e decisión seguintes:

Sentencia.-En Santiago de Compostela o vinteseis de xullo de mil novecentos noventa e cinco.

Vistos por Gustavo Adolfo Martín Castañeda, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis desta cidade, os presentes autos de xuízo verbal de desafiuzamento número 112/1995, por falta de pagamento da renda, seguidos en virtude da demanda formulada por Avelino Martínez Carreiro, maior de idade, casado, funcionario, veciño de Santiago de Compostela, con domicilio na rúa Cancelas, nº 85-1º A, contra Manuel Domingo Caramés Martínez, maior de idade, solteiro, xubilado, veciño desta cidade, con domicilio na rúa Pastoriza, nº 103-A-4º dereita.

Resolvo: que admito a demanda formulada por Avelino Martínez Carreiro, contra Manuel Domingo Caramés Martínez, e declaro que procede en dereito o desafiuzamento do dito demandado do piso cuarto dereita número 103, sito na rúa Pastoriza, en Santiago de Compostela, destinado a vivenda, e condénoo a que deixe libre e a disposición da parte demandante a citada vivenda, con apercibimento de lanzamento se non desaloxase dentro do termo previsto na lei, así como ó pagamento das custas causadas no procedemento. Notifíqueselles ás partes a seguinte resolución e fágaselles saber que contra ela poden interpor perante este xulgado recurso de apelación, dentro dos tres días seguintes ó da súa notificación para ser resolto pola Audiencia Provincial da Coruña.

E para que lle sirva de notificación ó demandado rebelde, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o tres de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

A secretaria

Rubricado

6673