Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 06 de novembro de 1995 Páx. 8.131

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 23 de xuño de 1995 pola que se aproba o cambio de dominio mortis-causa das bateas de cultivo de mexillón denominadas Sele número 1 e Sele número 2, a favor de José Dean Pérez e Manuel Andrés Dean Vidal.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Xurídico e de Planificación, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade das concesións e establecementos que se relacionan a continuación:

Nome da batea: Sele nº 1.

Cultivo: mexillón.

Localización: Caramiñal B, cuadrícula nº 11.

Data da concesión: 14-10-1964.

Data do remate da última prórroga: 30-10-2004.

Nome da batea: Sele nº 2.

Cultivo: mexillón.

Localización: Caramiñal B, cuadrícula nº 2.

Data da concesión: 14-10-1964.

Data do remate da última prórroga: 30-10-2004.

Anteriores concesionarios: José Dean Pérez e Dolores Vidal Pérez (Gananciales).

Novos titulares das concesións e bateas: José Dean Pérez, a plena propiedade do 1/2 indiviso e o usufructo vitalicio do total; Manuel Andrés Dean Vidal, a nuda propiedade do 1/2 indiviso.

Os novos titulares quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.

A Coruña, 23 de xuño de 1995.

P.D. (Orde 27-6-1990)

Jesús Expada Martínez

Delegado territorial da Coruña

95-6842