Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 06 de novembro de 1995 Páx. 8.126

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 4 de outubro de 1995 pola que se lle concede autorización, para a súa apertura e funcionamento, ó centro autorizado de ensinanzas musicais de grao elemental Karl Nielsen de Ourense, do que se relacionan os demais datos no anexo.

Examinado o expediente incoado por María Clara Silva Méndez, en representación de The English School M.C. Silva-Jensen S.L. titular do centro privado de ensinanzas musicais Karl Nielsen de Ourense, en solicitude de autorización de apertura e funcionamento de dito centro.

Resultando que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Ourense que o envía con proposta favorable á vista dos informes emitidos pola Inspección Educativa e pola unidade técnica.

Vistos a Lei Orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (BOE do 4), o Real decreto 389/1992, do 15 de abril, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas artísticas (BOE do 28) e demais disposicións complementarias.

Considerando que o centro, de acordo cos informes emitidos, reúne os requisitos necesarios. Esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro: concede-la autorización, para a apertura e funcionamento, do centro privado Karl Nielsen do que constan os datos no anexo.

Segundo: o centro mencionado queda adscrito, para efectos administrativos, ó Conservatorio de Música de Ourense.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Denominación: Karl Nielsen.

Titular: The English School M.C. Silva-Jensen S.L.

Domicilio: rúa do Progreso nº 139 - baixo.

Localidade: Ourense.

Provincia: Ourense.

Ensinanzas autorizadas: grao elemental das ensinanzas de música.

95-6864