Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 06 de novembro de 1995 Páx. 8.126

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 26 de setembro de 1995 pola que se conceden axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de pais de alumnos e asociacións de pais de alumnos de centros de educación especial.

Por Orde do 11 de maio de 1995 (DOG do 28 de xuño), a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria estableceu axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de pais de alumnos e asociacións de pais de alumnos de centros de educación especial.

Reunida a comisión prevista no punto 8 da devandita orde, de acordo coa proposta formulada por ela e de conformidade co punto 1 da orde de referencia,

RESOLVO:

Primeiro.-Concederlles, con cargo á aplicación orzamentaria 07.03.322B.480.05, as axudas que se sinalan para financia-las actividades que lles son propias, así como os gastos derivados da xestión administrativa, adquisición de material e mantemento das instalacións, ás seguintes confederacións, federacións e asociacións de pais de alumnos:

-Concapag (Santiago de Compostela): 500.000 ptas.

-Confapa Galicia (A Coruña): 1.400.000 ptas.

-Fapa (A Coruña): 300.000 ptas.

-Fapacel (Lugo): 300.000 ptas.

-Fecapa (Santiago de Compostela): 194.830 ptas.

-Federación APA (Pontevedra): 300.000 ptas.

-Federación Cristiana APA (Pontevedra): 300.000 ptas.

-Federación APA centros públicos (A Coruña): 700.000 ptas.

-Federación APA autist. e psicót. (Pontevedra): 300.000 ptas.

-Federación APA (Lugo): 300.000 ptas.

-APA centro comarcal E.E. (Pontevedra): 75.000 ptas.

-APA centro «Carmen Polo» (Ferrol): 75.000 ptas

-APA autistas e psicóticos «Manela» (Vigo): 75.000 ptas.

-APA e amigos do xordo Aspas-Apóstol (Santiago de Compostela): 75.000 ptas.

-APA colexio E.E. nº 2 (Lugo): 75.000 ptas.

-APA centro E.E. «Miño» (Velle-Ourense): 75.000 ptas.

-APA centro E.E. Juan XXIII (Marín): 75.000 ptas.

-APA centro E.E. «Juan XXIII» (Pontevedra): 75.000 ptas.

-APA centro E.E. «Sto. Cto. do Amor» (O Porriño): 75.000 ptas.

-APA «San Rafael» (Vigo): 75.000 ptas.

-APA C.E.E. «Nuestra Señora del Sagrado Corazón» Apaccesco (Betanzos): 75.000 ptas.

-APA «J. Otero» C.E.E. S.X. Emiliani (A Guarda): 75.000 ptas.

-Asociación de altas capacidades: 75.000 ptas.

-Acopros (A Coruña): 75.000 ptas.

-Amencer (Pontevedra): 75.000 ptas.

-Aspace (Sada): 75.000 ptas.

-Aspanaes (Culleredo): 75.000 ptas.

-Aspanaex (Vigo): 75.000 ptas.

-APA «Santiago Apostol» (A Coruña): 75.000 ptas.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

6859