Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 03 de novembro de 1995 Páx. 8.087

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 1995 pola que se fai público o acordo do Parlamento de Galicia relativo á elección dun membro do Consello de Contas de Galicia.

O Pleno do Parlamento de Galicia, na súa sesión do día 24 de outubro de 1995, no punto cuarto da orde do día, acordou elixir, de conformidade co establecido no artigo 12.1º da Lei 6/1985, do 24 de xuño, por 66 votos a favor e 2 votos en branco, membro do Consello de Contas de Galicia (para cubri-la vacante de Manuel González Vidal) a Ana María Luisa Bravo Doviso.

O que se publica para xeral coñecemento, e para os efectos establecidos nos artigos 65 e concordantes do Regulamento do Parlamento de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 1995.

Victorino Núñez Rodríguez

Presidente do Parlamento de Galicia

7213