Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 03 de novembro de 1995 Páx. 8.087

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 1995 pola que se fai público o acordo do Parlamento de Galicia relativo á elección dun membro do Consello Asesor da Compañía de Radio-Televisión Española en Galicia.

O Pleno do Parlamento de Galicia, na súa sesión do día 24 de outubro de 1995, no punto cuarto da orde do día, acordou elixir, en cumprimento do disposto no artigo 8.2º, da Lei 10/1983, do 9 de decembro, por unanimidade, membro do Consello Asesor de RTVE en Galicia (para cubri-la vacante de Ramón Félix Blanco Gómez) a Miguel Fidalgo Areda.

O que se publica para os efectos establecidos no artigo 8 e disposición transitoria primeira da referida lei.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 1995.

Victorino Núñez Rodríguez

Presidente do Parlamento de Galicia

95-7216