Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 02 de novembro de 1995 Páx. 8.050

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 4 de outubro de 1995 pola que se autoriza o cambio de domicilio do centro privado de educación especial Unidad de Diagnóstico y Tratamiento de Niños Autistas y Psicóticos de Ferrol.

Examinado o expediente incoado por Ricardo Touceda Couselo, presidente de ASPANAES titular do centro privado de educación especial Unidad de Diagnóstico y Tratamiento de Niños Autistas y Psicóticos de Ferrol, en solicitude de cambio de domicilio do dito centro da rúa Alcalde Quintanilla, s/n de Ferrol

á rúa Hospital Psiquiátrico de San Pedro de Leixa de Ferrol.

Resultando que o devandito centro privado obtivo, por Orde do 24 de febreiro de 1986, a autorización definitiva.

Resultando que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, que o envía cos informes emitidos pola Inspección de Educación e pola Unidade Técnica.

Vistos o Real decreto 334/1985, do 6 de marzo, de ordenación da educación especial (BOE do 16), o Real decreto 2377/1985, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de normas básicas sobre concertos educativos (BOE do 27), o Decreto 133/1995, do 10 de maio, sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias (DOG do 22) e demais disposicións complementarias.

Considerando que as novas instalacións reúnen mellores condicións pedagóxicas que as do anterior inmoble. Esta consellería,

RESOLVEU:

Autoriza-lo cambio de domicilio do centro privado de educación especial Unidad de Diagnóstico y Tratamiento de Niños Autistas y Psicóticos da rúa Alcalde Quintanilla, s/n de Ferrol á rúa Hospital Psiquiátrico de San Pedro de Leixa de Ferrol.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

9506763