Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 31 de outubro de 1995 Páx. 8.046

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública do proxecto de urbanización do E.D. camiño Estación 10, Canido.

Aprobado inicialmente polo Concello Pleno, con data 18 de xullo de 1995, o proxecto de urbanización do E.D. camiño Estación 10, Canido (3902/401), redactado polo arquitecto Juan Ángel Visier Gil, e visado polo COAG con data 27 de xaneiro e 31 de maio de 1995, coa precisión indicada polo enxeñeiro técnico de planeamento no seu informe; sométese a información pública polo prazo de quince días hábiles con anuncios no Diario Oficial de Galicia, BOP, Faro de Vigo e taboleiro de anuncios da Casa do Concello, con notificacións individuais.

O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate dos quince días, contados desde o día seguinte ó do derradeiro anuncio.

De non presentarse alegacións durante a exposición pública, o proxecto automaticamente, considerarase aprobado definitivamente.

O que se fai público para xeral coñecemento, significando que a documentación se atopa na Oficina Municipal de información para exame e alegacións.

Vigo, 12 de setembro de 1995.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

Números de teléfono do Diario Oficial de Galicia

Teléfonos: 544268 - 544270

Fax: 544272 - 544273