Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 31 de outubro de 1995 Páx. 8.046

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello de Santiago de Compostela, na sesión ordinaria do día 29 de setembro de 1995, acordou inicia-lo procedemento de ocupación directa dos terreos necesarios para a execución do proxecto de reposición de viais en Lamas de Abade.

En cumprimento do disposto no artigo 203 do Real decreto lexislativo 1/1992, o concello expón ó público o referido expidiente, co fin de que, no prazo dos quince días que seguen á notificación individual e á publicación deste anuncio no BOP, no Diario Oficial de Galicia e na prensa local (contarase o prazo desde

a última publicación ou desde a notificación se esta fose posterior), os interesados poidan formula-las alegacións que consideren oportunas.

A parcela obxecto de ocupación descríbese de seguido:

Predio nº 1

Propietaria: Mercedes Sixto Noya.

Superficie total do predio: 880 m.

Superficie para ocupar: 200 m.

Aproveitamento: 200 x 0,50 : 100 mc.

Outros bens: construccións auxiliares e muro.

-Unidade de execución onde se fará efectivo o aproveitamento: na propia parcela neta resultante.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 1995.

Pedro Antonio Fernández Fernández

Concelleiro-Delegado de Urbanismo

95-6683