Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 31 de outubro de 1995 Páx. 8.041

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 114-1/1995).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Electrica Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008, A Coruña.

Denominación: L.M.T. subterránea e C.T. en Avda. de Caión.

Situación: Arteixo (A Coruña).

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV, de 346 m de lonxitude, en conductor R.H.V. de 3(1x150 mm Al) que parte da L.M.T. a C.T. Figueiroa (Expte. 50395) e remata no C.T. que se vai contruir en Avda. de Caión, de 400 kVA a 15.000/380 V. concello de Arteixo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 4 de outubro de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-6939