Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 31 de outubro de 1995 Páx. 8.040

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 4 de outubro de 1995, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifica reclamación correspondente ó expediente instruído pola Xunta Arbitral de Transportes de Galicia, devolto polo servicio de correos por resultar descoñecido o seu destinatario (expediente número XA 60/1995).

Pola presente cédula notifícaselle ó demandado cos datos e último enderezo coñecido sinalado no anexo desta cédula, a formulación contra el da reclamación que se relaciona no citado anexo e que deu lugar, co número que se indica, á instrucción do correspondente expediente pola Xunta Arbitral de Transportes de Galicia, sinalándose a súa vista con data e hora establecida na relación adxunta.

E para que conste e lle sirva de notificación ó reclamado de enderezo descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59 (4º) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións

públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 1995.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

ANEXO

Expediente e reclamante: XA 60/1995. Elena Herrera Couceiro.

Reclamado e último enderezo coñecido: Adolfo Domínguez Vázquez. Rúa 411, 15 b, Cornazo de Abajo, Cornazo (Vilagarcía de Arousa).

Feitos reclamación: cobros abusivos en servicio de autotaxi.

Data da vista da Xunta Arbitral e lugar: 28 de novembro de 1995 ás 16.30 horas, na Dirección Xeral de Transportes, edificio Área Central, plaza Europa, 5 A, 2ª planta, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela.

95-6936