Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 31 de outubro de 1995 Páx. 8.038

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 1995, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se anuncia a licitación do concurso de asistencia técnica de estudio sobre as necesidades de transporte público de viaxeiros na mancomunidade de concellos limítrofes do concello de Ourense.

A Dirección Xeral de Transportes de conformidade coa Resolución do 25-10-1995 da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, anuncia o seguinte concurso:

Obxecto: concurso de asistencia técnica de estudio sobre as necesidades de transporte público de viaxeiros na mancomunidade de concellos limítrofes do concello de Ourense.

Orzamento: 5.000.000 de ptas.

Prazo: 2 meses.

Documentos de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas, estarán de manifesto

e a disposición dos concursantes para o seu exame nos servicios centrais da Dirección Xeral de Transportes, e nas delegacións provinciais da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, durante o prazo de presentación de proposicións, tódolos días laborais, agás sábados, durante as horas hábiles de oficina.

Modelo de proposición: proposición económica, formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta no anexo número 1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser entregadas en man, no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, desde as 9 h as 14 h ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta, mediante télex o telegrama, no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado redactado polo Real decreto 2528/1986, do 28 de novembro.

Prazo de presentación: será de vinteseis (26) días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Clasificación necesaria: non se esixe

Apertura de proposicións:

Lugar: na sala de xuntas da Dirección Xeral de Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Praza de Europa, 5-A (2º andar)-Área Central, As Fontiñas, Santiago de Compostela.

Día e hora: ás 11 horas do quinto día natural, que non sexa sábado, seguinte a data do remate do prazo de presentación de proposicións.

Documentos que deben presenta-los licitadores: os que figuren no prego de cláusulas administrativas particulares, segundo as circunstancias de cada licitador.

Será por conta do adxudicatario o gasto ocasionado pola inserción da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 1995.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

9506718