Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 31 de outubro de 1995 Páx. 8.038

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 1995 pola que se anuncia a licitación, con tramitación urxente e mediante o sistema de concurso con procedemento aberto, dos servicios precisos para a realización de actividades turísticas para os participantes nos congresos institucionais que celebra a Universidade de Santiago de Compostela co gallo do seu V centenario.

Obxecto do contrato: contratación dunha asistencia técnica para a prestación dos servicios precisos para a realización de actividades turísticas para os participantes nos congresos institucionais que celebra a Universidade de Santiago de Compostela co gallo do seu V centenario.

Importe da licitación: once millóns (11.000.000) de pesetas.

Clasificación do contratista: grupo III, subgrupo 8, categoría C.

Aplicación orzamentaria: 04.05.651-A.640.2.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do presuposto de licitación.

Presentación de proposicións: os interesados deberán presenta-las súas proposicións co estricta suxeición ó modelo que figura como anexo I ó prego de cláusulas administrativas que rexe a contratación. Estas propostas deberanse ater ó establecido na cláusula 3.2.4. do antedito prego e, así mesmo, a presentación axustarase ó seguinte:

1. Lugar: as propostas serán presentadas polos licitadores no rexistro da Secretaría Xeral para o Turismo (Praza de Mazarelos, 15, Santiago de Compostela), agás os sábados, que se fará no rexistro xeral da Xunta de Galicia. Tamén poderán ser enviadas por correo nos termos que se sinalan no artigo 100 do Regulamento Xeral de Contratación do Estado.

2. Prazo de admisión: será de trece (13) días naturais, contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Data e lugar de apertura das proposicións: na Secretaría Xeral para o Turismo, o primeiro día hábil despois de rematado o prazo de admisión de proposicións.

A documentación que rexe a contratación atópase a disposición dos interesados no Servicio de Fomento e Promoción da Secretaría Xeral para o Turismo (praza de Mazarelos, 15 -Santiago de Compostela).

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 1995.

P.D. (Orde 21-5-1990)

Francisco García-Bobadilla Prósper

Secretario xeral para o Turismo

9507051