Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 31 de outubro de 1995 Páx. 8.034

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO DE UNIVERSIDADES

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 1995, da Secretaría Xeral do Consello de Universidades, pola que se anuncia a data na que se celebrarán os sorteos para designa-los vocais que integran as comisións que xulgarán os concursos para a provisión de vacantes dos corpos docentes universitarios.

Convocadas a provisión as prazas dos corpos docentes universitarios que se relacionan no anexo adxunto, e dando cumprimento ó disposto no artigo 6 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (Boletín Oficial del Estado do 26 de outubro); artigo 1 do Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño (Boletín Oficial del Estado do 11 de xullo), e artigo 17 e) do Real decreto 552/1985, do 2 de abril (Boletín Oficial del Estado do 27).

Esta secretaría xeral resolveu sinala-la celebración dos sorteos correspondentes ás prazas descritas no citado anexo, co fin de designa-los membros das comisións que han ser elixidos por este procedemento, para o día 14 de novembro de 1995, ás dez horas, e estes realizaranse polo sistema informático aprobado pola comisión académica do Consello de Universidades na súa sesión do 25 de xuño de 1985, de modo secuencial, segundo a orde na que figuran relacionados no anexo citado.

Os anteditos sorteos celebraranse no Consello de Universidades (Ciudad Universitaria, sen número, 28040 Madrid).

Para os efectos previstos no artigo 1 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, a partir da data da presente resolución, faranse públicas as relacións dos profesores que participarán nos sorteos no Consello de Universidades.

Das citadas relacións e no momento do sorteo serán excluídos aqueles profesores que:

-Pertenzan á mesma universidade á que corresponda a praza.

-Fosen designados para formar parte da comisión titular pola universidade á que corresponda a praza.

-Sexan aspirantes e pertenzan á mesma área de coñecemento á que corresponda a praza.

As reclamacións contra as referidas relacións formularanse antes do día 9 de novembro, dirixidas á Secretaría Xeral do Consello de Universidades (Ciudad Universitaria, sen número, 28040 Madrid).

Nos concursos nos que non existan suficientes profesores do corpo e área de coñecemento a que corresponda a praza, haberá que aterse ó previsto no artigo 1 do Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, que modifica o artigo 6.9º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

O que comunico para o seu coñecemento e efectos.

Madrid, 17 de outubro de 1995.

Francisco Michavila

Secretario xeral

Sr. Vicesecretario Xeral do Consello de Universidades

Universidade de Santiago de Compostela

Concursos convocados por Resolución do 10-5-1995 (BOE do 1-6).

Se é o caso, indícase entre parénteses o número de prazas.

O número de orde corresponde ó da resolución citada.

Concurso número: 1308.

Nº sorteo: 28.950.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: anatomía e anatomía patolóxicas comparadas.

Presidente titular: Ignacio Salazar Beloqui.

Vocal secretario titular: Lucas Moya Jiménez.

Concurso número: 1309.

Nº sorteo: 28.951.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: historia da arte.

Presidente titular: Manuel Núñez Rodríguez.

Vocal secretario titular: Ramón Yzquierdo Perrín.

Concurso número: 1310.

Nº sorteo: 28.952.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: tecnoloxía de alimentos.

Presidente titular: José Mª López Roca.

Vocal secretario titular: Manuel Alcalá Aguilera.

Concurso número: 1311.

Nº sorteo: 28.953.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: xeografía humana.

Presidente titular: José Luis Calvo Palacios.

Vocal secretario titular: Julio Hernández Borge.

95-6772