Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Luns, 30 de outubro de 1995 Páx. 8.005

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

APROBACIÓN definitiva do proxecto de urbanización das zonas 7 e 8 do SU-27, predio Méndez.

O Concello Pleno, en sesión ordinaria celebrada o 14 de xullo de 1995, adoptou entre outros o seguinte acordo:

1.-Desestima-las alegacións presentadas por Jorge Víctor Gil Carnicer; Francisco-Javier Arias, en calidade de presidente da APA do colexio público Curros Enríquez, e Marcial Perianes Rodríguez, por non estaren axustadas a dereito segundo o informe da secretaría xeral.

2.-Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización das zonas 7 e 8 do SU-27, predio Méndez, e que se deposite aval por importe de oitenta e sete millóns seiscentas vintedúas mil seiscentas corenta e tres pesetas; (87.622.643 ptas.) por instancia de Belén Vázquez Gómez.

O que por orde do alcalde-presidente se anuncia advertindo que o dito acto pon fin á vía administrativa.

Contra el poderá interporse, se se desexa, recurso contencioso-administrtivo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación do presente anuncio.

Non obstante, igualmente, podrá utilizarse calquera outro recurso que estime procedente.

Todo esto conforme o disposto nos artigos 52 da Lei reguladora das bases do réxima local; 194 e concordantes do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, 58 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; 37 e 58 da Lei da xurisdicción contencioso-administrativo e demais de xeral aplicación.

Ourense, 24 de agosto de 1995.

Manuel Cabezas Enríquez

Alcalde

7042