Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Luns, 30 de outubro de 1995 Páx. 8.005

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

EDICTO do 6 de outubro de 1995 polo que se anuncia a aprobación inicial do proxecto de urbanización da unidade de actuación centro sur número 14 do PXOU vixente.

Ó aprobarse inicialmente por decreto da alcaldía do 6-10-1995 o proxecto de urbanización da unidade de actuación centro sur nº 14 do PXOU vixente, redactado polo arquitecto Luis Asorey Daviña, cun orzamento total de 14.144.658 ptas., a solicitude de Neufer S.A.

Conforme o prevido nas disposicións vixentes sométese a información pública por prazo de quince días, durante o cal poderá ser examinado no Servicio de Urbanismo (oficinas municipais de Quiroga Ballesteros), e presentarse as reclamacións ou suxerencias que se desexen.

Lugo, 6 de outubro de 1995.

Manuel Carrasco Uceda

Vicesecretario

6581